Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Traballo social e ámbitos profesionais Código O05G220V01907
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
García Vázquez, Yolanda
Correo-e mariayolanda.garcia@uvigo.es
Profesorado
García Vázquez, Yolanda
Web
Descrición xeral Esta materia, como optativa do último curso, trata de orientar ao estudantado respecto aos novos ámbitos de intervención do traballo social, que se impoñen no escenario do século XXI, caracterizado por profundas transformacións sociopolíticas e culturais, que fan replantexarmos e reconstruirmos a esencia mesma do traballo social, e polo tanto, dos seus campos específicos de intervención.
Os novos ámbitos de intervención, seudodescoñecidos e apenas tratados ao longo da carreira, permitirán ao alumnado maior coñecemento teórico-práctico e facilitarán a elección do seu quefacer inmediato e futuro tanto a nivel formativo como laboral. Supoñen, ademáis, profundizar en investigacións e xacimentos de emprego, ainda sen explorar.
A materia afástase, polo tanto, dos ámbitos habituais do traballo social, indagando nos novos contextos da intervención profesional dende a problematización e a interpelación aos protagonistas.
A crise da modernidade e a redefinición da “cuestión social” condicionan o traballo social en tanto “servizo público”, e fainos reflexionar sobre as insuficiencias de prácticas simplificadoras que reducen a integralidade humana á especificidade organizativa das institucións do Benestar Social, nomeadamente dos Servizos Sociais Comunitarios básicos e especializados.
A materia sinalará as especificidades da intervención en ámbitos profesionais tan dispares como a saúde, educación, xustiza, iniciativa privada e empresarial, terceiro sector e peritaxe social, entre outros. Requisitos e formas de acceso a cada un dos ámbitos, facilitando o empoderamento e a clarificación para a elección e futura especialización do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000