Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Valorarase o traballo persoal realizado cooperativamente en grupo de estudantes dos resultados dos traballos, exercicios e/ou proxectos. 20 A4
D1
D2
D11
D14
D20
Aprendizaxe-servizo Partimos dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, polo cal o
alumnado se organiza en Grupos de Traballo cunha axenda de
actividades concretas que serán avaliadas a partir da entrega de traballo final por grupo en formato "Presentación" tipo Power Point ou similar, que será defendido na aula ante as/os compañeiras/os e profesorado. O contido da presentación será orientado polo profesorado a partir dunha rúbrica de coñecemento común; e tamén da creación dun "Cartafol" a modo de arquivo onde cada grupo irá entregando progresivamente os informes e resultados das súas actividades.
Serán elexidos os 5 mellores Grupos para a prestación do servizo ao
alumnado de secundaria a partir dos resultados obtidos na rúbrica de
avaliación. A prestación do servizo tamén será avalidado.
Cada Grupo de Traballo deberá designar un Coordinador/a elixido entre o alumnado.
Ademais se levará control de asistencia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B6
C2
C3
C6
C8
C12
C15
C23
D1
D2
D3
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D20
D24
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter individual (40% da cualificación final), sobre os elementos conceptuais da materia. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta. O sistema de corrección será de acertos menos erros/2 (A-E/2). Dita proba
cualificarase de igual xeito para sistenciais (avaliación continua) e non asistenciais (avaliación global).
40 B1
B2
B3
B5
B6
C5
C13
C15
C23
D1
D3
D11
D16
D17
D20
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións
equivalentes de avaliación. 

Avaliación das prácticas do alumnado non asisitencial (avaliación global):

O alumnado non asistencial, terán que entregar antes da finalización de curso, un proxecto individual de intervención nun
dos ámbitos do traballo social. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase
como apto ou non apto. Ademáis, dito alumnado non asistencial deberá elaborar un traballo de análise bibliográfico a partir de lectura de 4 documentos académicos seleccionados. 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidad, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Non se gardan notas dun curso académico para outro.

A aplicación da transversalidade de xénero e a linguaxe non sexista serán tidas en conta na avaliación continua de forma positiva. 

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscrito
ao programa PIUNE (PAT)

As datas oficiais dos exames da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000