Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
Estudo de casos |
Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento. Profundarase nos modelos/estratexias de intervención
e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo,
interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnoses e adestramento en procedementos. |
Presentación |
Exposición por parte do alumnado diante do profesorado e o grupo de estudantes dun traballo sobre os
contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio e ou proxecto. Acompañarase das lecturas
obrigatorias e a análise de textos. |