Lección maxistral |
Exposición por parte das profesoras na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. |