Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Comprensión do desenvolvemento da materia na parte teórica e práctica.

Lección maxistral Exposición por parte do profesorado na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Estudo de casos Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento. Profundarase nos modelos/estratexias de intervención
e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo,
interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnoses e adestramento en procedementos.
Presentación Exposición por parte do alumnado diante do profesorado e o grupo de estudantes dun traballo sobre os
contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio e ou proxecto. Acompañarase das lecturas
obrigatorias e a análise de textos.
Aprendizaxe-servizo Partimos dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, polo cal o alumnado se organiza en
Grupos de Traballo cunha axenda de actividades concretas. O contido do traballo será orientado
polo profesorado a partir dunha rúbrica de coñecemento común; e tamén da creación dun
"Cartafol" a modo de arquivo onde cada grupo irá entregando progresivamente os informes e
resultados das súas actividades.
Cada Grupo de Traballo deberá designar un Coordinador/a elixido entre o alumnado.
Ademais se levará control de asistencia.
O servizo consistirá na oferta dunha programación de actividades e talleres prácticos dirixidos á
alumnado de ensino medio, que implica a difusión e desenvolvemento de actividades interculturais
que faciliten a colaboración, a comprensión da diversidade social e a formación nos valores e competencias dos ámbitos do Traballo Social.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000