Lección maxistral |
Exposición por parte dos profesores na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
Estudo de casos |
Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento e resolución ante o conflito.Profundarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnoses e adestramento en procedementos alternativos de solución. |
Presentación |
Exposición por parte do alumnado diante do profesorado e o grupo de estudantes dun traballo sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. |