Avaliación A avaliación do
prácticum verificará a capacidade efectiva de desenvolver tarefas concretas da
actividade profesional, así como a adquisición das destrezas e aptitudes
correspondentes. A avaliación terá carácter continuado a través da elaboración
dun Dossier (Apto/non Apto), de
casos presentados nos seminarios grupais e a asistencia á formación (0-3
puntos), da Memoria de prácticas (0-3 puntos) e da valoración dos/as titores/as
externos (0-4 puntos) a partir da súa observación sistemática do estudante.
Todas e cada unha destas partes deberán ser aprobadas por separado, entendendo
que o "apto" se atopa na metade do seu valor global (Dossier: Apto; Casos: 1,5; Memoria: 1,5; titor profesional: 2). Isto é, non acadar unha nota mínima en cada unha destas modalidades
suporá que o/a estudante terá que recuperar esa parte na 2ª oportunidade
de xullo. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo
tanto, como aprobadas nese curso académico. Si se suspende a
materia na 2ª oportunidade, a Comisión do Practicum determinará si se pode
gardar algunha nota dalgunha das modalidades aprobadas
para o curso seguinte. Será requisito
necesario o depósito dunha copia da memoria de prácticas na institución
colaboradora en formato e data establecida polo
titor/a académico, tras decisión da Coordinación. En coherencia co
carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o estudantado adscrito ao programa PIUNE. Así mesmo a Coordinación de Practicum poderá establecer Plans de Adaptacións
Individualizados (PAI) para as persoas que, por razóns laborais ou de diversidade,
precisen dunha adaptación ás practicas. Os horarios e datas
da entrega final da memoria están publicados na web da Facultade e na plataforma Moovi. En Moovi tamén se publicará un
DOCUMENTO RESUMO DAS DIFERENTES ENTREGAS
coas orientacións necesarias para o alumnado. |