Avaliación continua: A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados nesta guía docente. Existirá unha modalidade de avaliación continua para o alumnado asistencial. Terán consideración de asistentes aqueles alumnos que asistan a un 80% das clases prácticas e teóricas. Se superan o 20% de non asistencias automaticamente pasarán a modalidade non asistencial. A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola aviación global. Tal e como se detalla na avaliación, dentro desta modalidade de avaliación continua existe unha avaliación da parte teórica que se realizará mediante dúas probas de preguntas de carácter obxectivo que avaliarán respectivamente a parte de traballo social grupal (25%) e de traballo social comunitario (25%). Os contidos prácticos serán avaliados mediante o traballo tutelado (30%) e o cartafol/dossier (20%) que se especifican máis arriba. Debe terse en conta que para superar a materia e poder facer media deben constar como superadas cada unha das probas avaliativas, e que ademáis é preciso obter un mínimo de 2,5 sobre 5 na parte teórica e de 2,5 sobre 5 na parte práctica. Avaliación global O alumnado non asistencial ou aquel que perdera o dereito á avaliación continua terá dereito a examinarse do conxunto da materia nunha avaliación global nas datas oficiais. Neste caso, o exame constará das dúas probas obxectivas comuns ao conxunto do alumnado para a avaliación da parte teórica de traballo social grupal (25 %) e traballo social comunitario (25%). Pola súa banda, a parte práctica resolverase mediante a elaboración dun suposto práctico e dúas preguntas a desenvolver sobre os contidos da materia (50%). É preciso obter un mínimo de 2,5 sobre 5 na parte teórica e de 2,5 sobre 5 na parte práctica para superar a materia e facer media. SEGUNDA
CONVOCATORIA “As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo
tanto, como aprobadas nese curso académico”. As datas
oficiais dos exámenes poden consultarse na web da facultade
http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no espazo 'Exames 2024‐25. En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo
social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas
de apoio educativoque presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |