Guia docente 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Políticas públicas en España
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Políticas públicas en España Código O05G220V01602
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Alvarado Roales, David Manuel
Correo-e davidmanuel.alvarado@uvigo.gal
Profesorado
Alvarado Roales, David Manuel
López Viso, Mónica
Web
Descrición xeral A materia de Políticas Públicas en España proporciona ao estudantado os coñecementos e ferramentas analíticas necesarias para comprender como se formulan, implementan e avalían as principais políticas públicas con impacto directo no campo do Traballo Social. Partindo dos conceptos fundamentais da análise de políticas públicas e do ciclo político, abórdase a configuración histórica e ideolóxica do Estado de benestar español para estudar despois as políticas sectoriais máis relevantes para a profesión: sanidade, educación, protección social, política laboral, igualdade de xénero, inmigración e servizos sociais. A dimensión territorial ocupa un lugar central na materia. A estrutura autonómica do Estado implica que a implementación das políticas varía significativamente segundo o territorio e o signo político dos gobernos, polo que o caso galego é analizado de forma sistemática ao longo do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000