A planificación do proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua que esixe a participación do estudantado para o desenvolvemento das actividades a realizar ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedimentais e actitudinais) desenvoltas nos grupos medianos. Sendo así, esixiráselle ao alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 3 clases teóricas (Gran grupo) e 3 clases prácticas (Grupo mediano) durante o cuadrimestre dun total de 15 clases teoricas y 15 clases practicas. Esixiráselle polo tanto un 80% de asistencia ás clases durante o cuadrimestre. Obviamente non serán consideradas “faltas de asistencia” a imposibilidade de asistir de xeito puntual por causas xustificadas: enfermedad, hospitalización, pasamento dun familiar próximo, realización dun exame noutro lugar, etc. Estas circunstancias débense certificar remitiendo á docente un xustificante de tal situación por Correo electrónico. Esixirase que as persoas matriculadas nesta materia saiban escribir correctamente y sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluidas), que saiban ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiban expresarse con corrección e dacordo co nivel que esixe un ciclo universitario, usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación e, en todo caso, terá que reflectirse nos exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia. RECUPERACIÓN 2ª OPORTUNIDADE. Como partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxeto de avaliación na 2ª. De non ter superado a materia, ou algunha parte da mesma, as competens non adquiridos will avaliadas na 2ª oportunidade . No exame, a parte teórica e práctica desenvolverase de xeito similar que na 1ª oportunidade. Non se gardarán notas de ningunha parte da materia-teoría ou práctica- para o seguinte curso académico. As datas oficiais dos exámes da materia poden ser consultadas na páxina web da Facultade. En consistencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o estudie adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |