MODALIDADES DE AVALIACIÓN
1. MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA Terán esta consideración aqueles alumn@s que asistan a un 80% das clases teóricas e un máximo de dúas faltas nos grupos medios e pequenos. Se non se cumpren estes requisitos pasarán automaticamente a modalidade de avaliación global. Para aprobar a materia deberán ter aprobada a parte práctica e o exame teórico por independente.
2. MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL (PROBA ÚNICA): É unha proba final e única,o ser unha proba única o alumnado que non supere na primeira convocatoria toda a materia, terá que repetila enteira na segunda oportunidade, é dicir, se non se supera o exame de preguntas obxectivas, non poderá avaliar a proba práctica. Exame teórico de todos os contidos da materia, presentación dun traballo práctico (será entregado na data que indicará a profesora no cronograma ao comezo de curso). Para aprobar a materia deberán aprobar o exame teórico e o traballo práctico, en tanto que que proba única.
SEGUNDA CONVOCATORIA “As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas neste curso académico”. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/) no espazo 'Exames 2023‐24'. -En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT), así como os obxectivos ODS. |