Os Servizos Sociais, entendidos como instrumentos da Política Social que actúan sobre as necesidades sociais, son de máximo interese para o alumnado ao constituir un dos campos máis importantes da súa actividade profesional.
Coñecer e comprender o obxecto, mecanismos de actuación, modos de provisión dos servizos sociais especializados da promoción da autonomía persoal e atención á dependencia, así como da inclusión social, resultan imprescindibles para o desempeño profesional do Traballo Social.