REQUISITO
PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:
O
alumnado deberá entregar ou subir a Moovi a súa ficha,
debidamente cumprimentada e cunha fotografía tipo carnet, nun
prazo máximo de 3 semanas desde o inicio do curso académico,
facendo constar expresamente a modalidade elixida (asistencial ou non
asistencial) a través dun correo electrónico dirixido á
profesora.
Isto
implica que, sexa unha ou outra a modalidade elixida, o
alumnado deberá contactar necesariamente coa profesora a principios
de curso (3 primeiras semanas) para comunicarlle a súa elección e
poder ser convintemente avaliado. CRITERIOS
DE AVALIACIÓN:
Aplicaranse
dous sistemas de avaliación tomando como criterio diferencial a
asistencia ou non ás clases de grupo grande e mediano, dado que a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza
do alumnado, sobre todo naquelas relacionadas coa adquisición de
competencias procedementais e actitudinais, o que implica facer un
seguimento das asistencias mediante controles. Quen sen
notificalo teña una asistencia por debaixo do 80%, o que equivale a
3 faltas en grupo grande e 3 en grupo mediano, será considerado a
tódolos efectos como non asistencial, salvo causa debidamente
xustificada (enfermidade ou pasamento dun familiar
achegado, realización doutros exames...).
*
Modalidade avaliación continua: A nota final virá dada pola suma das
puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro
superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.
* Avaliación global (proba única): A avaliación e a superación da
materia virá determinada polo exame final e pola realización do traballo e dos exercicios titorizadas pola
profesora -polo menos 4 titorías para superar este apartado-. A nota final virá
dada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados, sendo
preciso superar cada un deles ailladamente para poder facer a media.
SEGUNDA
OPORTUNIDADE: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto
de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas
nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT)
Segundo
a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.
A
data oficial dos exames pode consultarse na web da
Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php. |