Seminario |
Empregaránse como complemento das sesións maxistrais. Consistirán en lectura previa de textos e documentos para ser debatidos e expostos nas sesións. Así como análise e resolución de exercios prácticos que garanticen a integración teorico-práctica da asignatura. Si se considera oportuno para o desenvolvemento dalgunha cuestión concreta traerense expertos a aula. |
Traballo tutelado |
O alumnado deberá leer, analizar, comprender, e extraer conclusións dun libro (ou conxunto equivalente de artigos) relacionado coas competencias e contidos da materia, así como manexo de bibliografía complementaria relacionada. Esta actividade terá carácter autónomo e será grupal. Ten como obxetivo principal a familiarización coa literatura profesional, a aprendixe colaborativa en grupos, búsqueda de información en bases de datos, presentación por escrito e capacidade de argumentación e defensa de carácter académico-científico. Para poder proceder a súa presentación e avaliación a profesora marcará a inicios de curso o procedemento obrigatorio de supervisión previa, así como o cronograma das entregas das distintas tarefas e entrega final. |