MODALIDADES DE AVALIACIÓN Avaliación continua Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos. O alumnado que non se alcance esta porcentaxe de asistencia pasará automaticamente á modalidade de avaliación global. Para superar a materia será necesario que as/os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado. Avaliación Global Os estudantes que opten por este sistema de avaliación ou non poidan seguir a avaliación continua deberán realizar unha proba final que incluirá contidos teóricos (60% da nota) e prácticos (40% da nota) de todos os contidos da materia. Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes un 50% da cualificación total das mesmas. CONVOCATORIAS Aquelas/os estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de Julio, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na primeira oportunidade. ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). DATAS OFICIAIS DE EXAME As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames'. |