=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen:
As metodoloxías docentes serán as mesmas nos tres escenarios, dado que foron deseñadas para facilitar unha transferencia fluída desde un escenario 100% presencial a outro 100% en remoto. En calquera caso, a única diferenza atinxe ou espazo non que se desenvolverá a actividade. No posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías levaríanse a cabo de modo semipresencial e virtual. Por outra banda, no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas adaptaríanse a una modalidade de execución virtual.
Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías faríanse de forma non presencial na Sala do Profesor habilitada pola Universidade.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non habería modificación dos contidos.
Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia.
Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de execución.
A presentación das actividades de grupo mediano e pequeno faríase a través de FAITIC ou correo electrónico.
Os exames serían a través de FAITIC, das aulas virtuais ou da Sala do Profesorado.
|