Traballo tutelado |
En pequeno grupo o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre a organización dun Departamento de Servizos Sociais, entre outros, baseado na materia impartida e seguindo a lexislación vixente. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización, redacción, valoración-conclusións. Valorarase especialmente o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria en calquera dos ámbitos de intervención. Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais. Traballo en grupo, supervisión de traballos e exposición na aula. |
|