Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Epistemoloxía do traballo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición xeral, por parte das profesoras, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices relacionadas coa materia.
Saídas de estudo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores. Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións etc. de interese académico-profesional para o alumnado.
As saídas de estudos ao barrio do Couto coa metodoloxia Aprendizaxe servizo queda condicionado á aprobación da actividade.
Traballo tutelado O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e redacción do documento final, podendo supoñer a exposición do mesmo.

Seminario Seguimento, atención e asesoramento do alumnado para o desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Actividades introdutorias Situar ao estudantado na materia, partindo do que saben e coñecen e relacionando os contidos cos obxectivos que se pretenden
Estudo de casos Planteamento de casos e lecturas prácticos relacionadas coia parte da materia teórica que se está impartindo
Aprendizaxe colaborativa Organizaránse actividades dentro da aula como experiencia social e académica de traballo grupal e aprendizaxe compartido.
Eventos científicos Invitación de expertos da comunidade para desenvolver na aula temas relacionados coa materia.
Asistencia a xornadas e congresos científicos que aporten ampliación de coñecementos
Saídas de estudo Cando as circunstancias l permitan organizaránse visitas a entidades ou institucions relacionadas cos los contidos
da Asignatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000