A avliación continua supón a asistencia dun 80% das aulas.
É preciso acadar un mínimo dun 4 nas probas da materia para poder facer a suma do resto das cualificacións obtidas no cuadrimestre.
No caso de non facer seguimento da avaliación continua, o exame da convocatoria oficial suporá o 100 % da cualificación. No exame de avaliación final do alumnado non presencial se incluirán contidos tanto da parte teórica, como do GM e GP.
As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico.
Para o alumnado presencial: De non superar a materia na primeira convocatoria, as cualificacións obtidas e superadas dunha das partes na primeira convocatoria gardaranse ata a realización do exame da segunda convocatoria.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no
espazo datas exames.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo
social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)
Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia
específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste
colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un
cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de
avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio”.
|