A) Avaliación continua: · A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente. · A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80 % das aulas · A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido. B)Avaliación global. Descrición (aspectos/criterios):
-Avaliación teórica: exame teórico-práctico que recollerá os contidos
relativos á materia impartida durante as clases de aula. Cualificación: ata o 60%.
-Avaliación do estudo de casos: exame teórico-práctico. Cualificación: ata o 30 %. -Avaliación de temas específicos (seminario): entrega dun traballo de investigación sobre un tema da materia. Cualificación: ata o 10%. Data límite de entrega: a data oficial do exame. C) Segunda oportunidade : avaliaranse as competencias e aspectos non superados na primeira convocatoria. d) As datas oficiais dos exames poden consultarse na web
da facultade (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE. Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do
curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta
materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”. |