=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen.
ESCENARIO 1: DOCENCIA MIXTA
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizaranse medios virtuais para a impartición das clases.
Neste caso, mantéñense todas as metodoloxías propostas.
ESCENARIO 2: DOCENCIA NON PRESENCIAL
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizaranse medios virtuais para a impartición das clases.
En ambos os casos, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase tamén o uso da plataforma de teledocencia como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai modificacións. Todas as metodoloxías se manteñen a través das ferramentas tecnoloxicas Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Moovi.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Tutorías a través individuais e grupais a través de Campus Remoto.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Todo o material estará dispoñible na plataforma de teledocencia Moovi para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade.
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que non se poida realizar a avalición final presencialmente, mantense os criterios de avaliación xa previstos na guía docente.
A adquisición de competencias na segunda oportunidade avaliarase a través dunha proba obxectiva tipo test, consistente nun exame final de cada unha das partes nas que se divide a materia (teórica e práctica). Para esa proba utilizaránse as ferramentas que indiquen os órganos competentes.
A avaliación de temas específicos (seminario): entrega dun traballo de investigación sobre un tema da materia.
Mantéñense as porcentaxes de cualificación recollidas no apartado de avaliación desta guía |