OBTENCIÓN DA NOTA FINAL DO ALUMNADO
A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo tutelado. Se non se aproba exame e traballo non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia. O alumnado non presencial terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación. O alumnado non presencial deberá solicitar a avaliación global antes do 7 de outubro. SEGUNDA CONVOCATORIA As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso
académico. Mais para aprobar a materia deberase aprobar cada proba descrita
nesta guía de forma independente, non sumando as notas se non estiveran aprobadas. ---------------------------------------------------------------------------- As datas dos exámenes pódese consultar no seguiente link: http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/ No caso de detección de plaxio ou posibles comportamentos anómalos ou
deshonestos, nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación
final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do
Centro para que adopte as medidas oportunas. Ante calquera contradición que se puidera dar entre as distintas versións
da guía, por mor dalgún erro na tradución, a versión que prevalecerá é a
versión na lingua galega. a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT) b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha
referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia
profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio”. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da
contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá
prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en
coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |