Seminario |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. |
Traballo tutelado |
O alumnado, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e expresión escrita. |
Traballo tutelado |
Traballos realizados na aula como complemento ás sesións teóricas e prácticas. Preferiblemente de carácter grupal e co obxectivo de facer mais significativos os contidos de aprendizaxe. |
Actividades introdutorias |
Actividades de presentación da materia, análise de coñecementos previos, actitudes e intereses/expectativas en relación á materia. |
Debate |
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral... |