CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN Valorarase a adquisición de competencias da materia mediante os seguintes procedementos e criterios de avaliación e cualificación: . - Asimilación dos conceptos teórico-prácticos da materia.- Capacidade de utilizar os devanditos conceptos á hora de aplicalos en contextos específicos. - Dominio da linguaxe didáctico-científico, capacidade de argumentación e de razoamento lóxico, rigor e claridade argumentativa. - Claridade das exposicións, utilización dos recursos e elaboración do material didáctico axeitado. - Interese, iniciativa e participación do alumnado. - Capacidade de análise crítica de exemplificacións metodolóxicas, actividades e recursos propios da área. - Uso correcto da lingua, con especial atención á ortografía, sintaxe e redacción. - Uso axeitado das fontes de información e manexo correcto da bibliografía utilizada. Os traballos presentados deben ser orixinais e mostrar claridade expositiva, estruturación e sistematización, coherencia interna, orixinalidade e creatividade, capacidade de crítica e autocrítica, capacidade de análise e síntese, e corrección ortográfica. A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas nas actividades realizadas. A porcentaxe que se lle asigna a cada parte será como mostra no apartado anterior. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. CONVOCATORIA DE XULLO Aqueles estudantes que non superen algunhas das probas ou actividades suxeitas a avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. Para a data oficial de exames consultar a web da facultade http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php no espazo "docencia exames" AVALIACION PARA O ALUMNADO NON PRESENCIAL A) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE A CLASES TEÓRICAS (XOVES) - Porcentaxe cualificación: 30% da nota final Na plataforma MOOVI, Sección Documentos iranse colgando sucesivamente os materiais e presentacións teóricas sobre as que versará o exame. B) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE A DINÁMICAS (MÉRCORES) - Porcentaxe cualificación: 35% da nota final Realización dos exercicios que se atopen na plataforma MOOVI que se indiquen. Terán que facerse de forma individual, aínda que estean explicitados para traballo en grupo na aula. C) PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNADO QUE NON ASISTE AO LABORATORIO (XOVES) - Porcentaxe cualificación: 35% da nota final Deseño dun programa de intervención en E.A. Tedes que programar dúas sesións de 4 horas cada unha sobre unha problemática ambiental e destinatarios que vós consideredes, focalizando no deseño de actividades a realizar. IMPORTANTE: A superación da materia supón aprobar o exame e a entrega das tarefas anteriormente descritas. ************* En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |