Presentación |
Exposición por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de compañeiros/as, dos resultados do traballo realizado... Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupo. |
Traballo tutelado |
O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, en traballo colaborativo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente, trátase dunha actividade autónoma do/os estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
Estudo de casos |
O alumnado, de maneira individual ou en grupo, analiza un caso de éxito referido a un programa social, e expono en clase mostrando a súa contribución teórica e práctica a esta área de coñecemento. |