Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Avaliación de programas socioeducativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte do profesor, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo/a estudante.
Presentación Exposición por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de compañeiros/as, dos resultados do traballo realizado... Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, en traballo colaborativo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente, trátase dunha actividade autónoma do/os estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Estudo de casos O alumnado, de maneira individual ou en grupo, analiza un caso de éxito referido a un programa social, e expono en clase mostrando a súa contribución teórica e práctica a esta área de coñecemento.
Prácticas de laboratorio O alumnad porá en práctica o aprendido nas leccións teóricas sobre detección de necesidades, cunha mostra de poboación real. Crearase o sistema de recollida de información e analizaránse os datos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000