A avaliación será continua, mediante seguimento estruturado. Dada a importancia formativa da Convivencia Profesional, Interuniversitaria e Internacional da Educación Social no Xurés, realizaráse unha saída de estudos á que terán dereito a acudir tanto alumnado presencial como non presencial. A asistencia a esta actividade será avaliada mediante a realización dun texto reflexivo. O alumnado que non poida asisitir realizará un traballo individual que lle permita achegarse á realidade da acción socioeducativa mediante unha revisión bibliográfica na que seguirá as normas APA7. Avaliación para alumnado non asistente: - Exame de preguntas obxectivas (40%). -Presentación de traballo individual tutelado sobre algún dos temas resollidos nos contidos da materia (40%). -Entrega de traballo reflexivo sobre o Seminario Internacional da Educación Social (Xurés 2024) ou dun traballo de repaso do estado da cuestión referente á situación actúal da acción socioeducativa (20%) As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico” As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames” Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”. |