Presentación |
Presentación dos traballos realizados en pequeno grupo na aula ou por medios telemáticos no campus remoto da Universidade de Vigo e nos que se poñen en práctica os contidos teorícos da materia |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución para o acompañamento socioeducativo no ámbito familiar. |
Lección maxistral |
Parte expositivas de contidos impartidos polo docente na aula e/ou mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Moovi como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes. |
Aprendizaxe-servizo |
Combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto articulado onde os/as participantes aprenden a traballar nas necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. |