Criterios específicos de avaliación para ASISTENTES Terán a consideración de asistentes, aqueles alumnos/as que teñan acadado un mínimo do 80% da asistencia as sesión presenciais. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado nos dous primeiros apartados: Proba obxectiva: Ata 4 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 2 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 50% da cualificación da asignatura). A proba constará de preguntas tipo test e preguntas cortas de resolución de casos 2. Traballo grupal (ou individual): Valorarase ata 2 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 20% da cualificación do alumno/a). Os traballos deben ser entregados antes do 23 de decembro de 2023. 3. Seminarios ou Exposicións en clase: Valorarase ata 2 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 20% da cualificación do alumno/a). Os traballos deben ser entregados e presentados nas datas fixadas polo profesor. 4. Seminarios e State to art: O alumnado presentará os traballos propostos e unha revisión sobre algún tema relaciionado ca asignatura. Ata 1 punto (a nota total suporá ata o 10% da cualificación do alumno). Prazo de entrega: o día do examen teórico. Criterios específicos de avaliación para NON ASISTENTES Terán a consideración de non asistentes, aqueles alumnos/as que no teñan acadado o 80% da asistencia as sesión presenciais, ou ben aqueles que antes da primeira semana de novembro non houbesen notificado a o profesor a modalidade de asistencia elixida. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado nos tres primeiros apartados. 1. Proba obxectiva: Ata 6 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 5 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 50% da cualificación da asignatura). 2 Traballo (individual): Valorarase ata 3 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 2. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 40% da cualificación do alumno). Traballo que ten que estar entregado o profesor antes do 23 de decembro. 3 Revisión teórica (state to art): ata 1 punto pola realización dun traballo teórico referido a un dos dous temas dos seminarios presenciais (a nota total suporá o 10% da cualificación do alumnado). Traballo que ten que estar entregado o profesor o día do examen teórico. As datas oficiais dos Exames: ver pagina web da Facultade de Ciencias da Educación e traballo social, no espazo de "exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Nota: “As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”. |