A calificación final da disciplina resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter unha calificación positiva. O/a alumno/a que non realice todas as actividades de avaliación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. De suspender a materia, as partes superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Os e as estudantes non asistentes deberán contactar ao inicio do cuadrimestre co profesorado, para coñecer os traballos que se solicitarán así como os seus prazos de entrega (moi similares aos desenvolvidos polo alumnado asistente, pero sempre realizados de forma individual). As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade, no espazo 'datas exames'. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Así mesmo, coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistemas de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionaixs en exercicio. |