Traballo tutelado |
De carácter obrigatorio. Serán realizados de xeito individual ou en pequenos grupos. Consistirán na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. Serán realizados na aula (horas B) principalmente mediante o uso das TICs, visitas, reunións con profesionais,... e recibirán unha supervisión (tutela) continua por parte do profesorado. |
Lección maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia. |