O alumnado non asistente con regularidade ás distintas actividades terá unha avaliación da proba sobre 40% e presentará dous traballos escritos: - Análise de blibliografía actualizada sobre un tema a escoller entre os ámbitos da educación social que se deberá acordar en titoría previa co profesorado (30% ). - Traballo de reflexión e análise crítica dos textos a disposición no MOOVI da materia que se acorden en titoría de entre os que se detallan na bibliografía (30%). As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Horarios, Exames e revisión: As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Educación e Traballo Social, no
espazo "datas exames". |