Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Estratexías de aprendizaxe en contextos socioeducativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Un ou máis traballos grupais. Avaliaranse os seguintes aspectos: adecuación do índice e dos contidos ao esquema presentado; utilización dos documentos propostos; fiabilidade das fontes utilizadas; relevancia dos contidos, en especial para a educación social; seguimento da normativa (APA ou similar), especialmente en citas e referencias; coherencia e corrección na redacción final do manuscrito; presentación ante o grupo. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
D1
D2
D5
D6
D7
D9
D10
D11
D13
D15
D16
D17
Seminario Titorización de traballos e presentación do producto final elaborado. Participación en diferentes tareas de aula. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C1
D1
D5
D6
D11
D13
Exame de preguntas obxectivas Preguntas con varias alternativas de resposta pechada. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
D1
D5
D7
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que se contabilice na nota final a proba tipo test, a/o estudante deberá obter nela (polo menos) unha nota de 5 puntos sobre 10.
En caso de non superar o exame tipo test, na acta aparecerá a nota obtida no exame.

Indícase, así mesmo, que se conservarán as cualificacións das competencias superadas en xuño para a seguinte convocatoria de xullo, na cal os alumnos e as alumnas (coa materia suspensa en xuño) avaliaranse só das competencias/probas non superadas na convocatoria anterior. Respecto ao traballo tutelado suspenso, indicaranse os aspectos xerais que deben ser mellorados.

As/os estudantes non asistentes: deberán presentarse á proba de tipo test co mesmo temario e tipo de preguntas que os asistentes (ata 40% da nota); tamén se lles poderá entregar algún outro material (adicional ao do alumnado asistente) para este exame final.

Ademais, deberán entregar algún(s) traballo(s) de investigación teórico-práctico(s) sobre algunha das temáticas da materia (ata 30% da nota). Este(s) traballo(s) deberá(n) ser previamente consensuado(s) co docente da materia nas 2-3 primeiras semanas de clase coa finalidade de poder levar a cabo una titorización adecuada do(s) mesmo(s), preferentemente presencial.

 A proba de "Seminario" (ate o 30% da nota): a "Presentación do produto final" será obrigatoria para o alumnado non asistente. A "Participación en tarefas da aula" substituirase por unha proba presencial de desenvolvemento sobre os mesmos materias abordados na aula co alumnado asistente.

As datas do exame final correspondentes ás convocatorias de maio-xuño e xullo poderán verse no taboleiro de anuncios da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e tamén na súa Web.

De acordo co carácter inclusivo da Facultade de Educación e de Trabajo Social, esta guía pode adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo dos estudantes matriculados no programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000