Cartafol/dossier |
Cada alumna/o, elabora un documento que recompile información sobre as experiencias, temario da materia, así como traballos e tarefas elaborados individualmente ou en grupo durante o proceso de formación. O dossier será ademais un instrumento de seguimento e avaliación continua do proceso educativo. |
20 |
A2 A5
|
B1 B4 B5 B6
|
C1 C3 C4 C7 C10
|
D1 D2 D3 D5 D18 D20
|
Exame de preguntas obxectivas |
Probas para avaliación de competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. |
30 |
A2 A5
|
B1 B4
|
C3 C4 C7 C8
|
D1 D2 D3 D5 D20
|
- As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden acadar en cada unha das probas na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA
- Para acollerse á MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado terá unha asistencia mínima do 80% nas clases do grupo-clase e o mesmo, un 80% ás clases de grupo mediano (GM).
- Para superar a materia na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado deberá superar todas as probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha das probas avaliables.
- MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL: Esta modalidade de avaliación está dirixida a: ao alumnado que non cumpra o 80% da asitencia especificada no punto nº 2 ou a aquel que opte por esta modalidade, sempre e cando llo comunique á profesora na primeira quincena de impartición da materia.
- A MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL consistirá nun exame sobre a totalidade do temario da materia, de preguntas obxectivas (cunha valoración do 60%) e nun traballo individual tutelado pola profesora e definido en base aos contidos e obxectivos da materia (cunha valoración do 40%, do que o 20% corresponderase coa elaboración e entrega do mesmo e o 20% restante corresponderase coa defensa e presentación oral á profesora). Para superar a materia por esta modalidade de avaliación, o alumnado deberá superar as dúas probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha delas.
- EXAMES: As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames"
- Segunda oportunidade (xullo): As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª do mesmo curso académico.
- En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
|