Traballo tutelado |
A/O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... O alumnado manterá entrevistas coas profesoras da materia para asesoramento / desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. |
Presentación |
Presentación e exposición por parte do alumnado de traballos grupais tutelados pola/s profesora/s. O alumnado manterá entrevistas coas profesoras da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. |