Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
B1 |
Transmitir, promover e desenvolver a cultura |
B4 |
Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos |
C1 |
Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa |
C2 |
Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas |
C3 |
Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...) |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D4 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional |
D6 |
Resolución de problemas e toma de decisións |
D8 |
Capacidade crítica e autocrítica |
D10 |
Recoñecemento e respecto de a diversidade e multiculturalidade |
D11 |
Habilidades interpersoais |
D18 |
Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida |
D20 |
Orientación á calidade |