O enfoque conceptual da materia Educación Permanente presenta os diversos factores que condicionan os procesos de ensinanza-aprendizaxe no mundo, concretamente en Galicia e en España, no marco da Unión Europea.
A nova concepción de ciudadanía precisa da Educación Permanente para o desenvolvemento da formación personal e profesional dos/as cidadadáns/as que responda as novas perspectivas sociais que demanda tanto a sociedade do coñecemento como a democracia participativa e as particulares características do mercado laboral. Así, a Educación Permanente potencia as capacidades da cidadanía para acceder á formación e á autoformación necesarias para a consecución do desenvolvemento dos saberes potenciais e as habilidades necesarias para participar, vivir e convivir en liberdade, xustiza, paz e democracia.
Con esta materia se pretende que o alumnado alcance unha aproximación científica e interdisciplinar á Educación Permanente, ademáis de fomentar a súa capacidade crítica, reflexiva e participativa. Polo tanto, a materia ofrece unha experiencias formativa que favorece a integración deste ámbito educativo no desempeño da práctica profesional dos futuros/as educadores/as sociais.