A materia está concebida como unha introdución á Antropoloxía social e cultural. O seu obxectivo fundamental é proporcionar os instrumentos de análise básicos sobre aqueles feitos socioculturais que se atopan na base das competencias que se deberán alcanzar para o desenvolvemento da profesión de educador/a social.