A presente guía é orientativa podendo adaptarse nos seus apartados á marcha das aulas durante o transcurso do curso.
A bibliografía completa, as instrucións para a realización das probas de avaliación, así como a distribución de traballos indicarase a través da plataforma Moovi. Polo que o alumnado debe responsabilizarse de estar ao día nos contidos destas plataformas.
Advírtese ao alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte.
-SEGUNDA CONVOCATORIA
Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior.
Recoméndase ao alumnado que teña presentes en todo momento as normas APA pois a omisión de citas e referencias bibliográficas nos exercicios e traballo será considerada plaxio e por tanto se avaliará a proba cunha nota de 0.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
|