Lección maxistral |
Exposición oral pola profesora apoiada en recursos didácticos, medios audiovisuais e TIC, coa incorporación da estratexia da interrogación didáctica dirixida aos estudantes, a posta en marcha de actividades e a exposición de traballos coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento competencial. |
Aprendizaxe colaborativa |
Para o traballo a realizar partirase da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballe de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
Esta metodoloxía posibilítalle ao alumnado a aprendizaxe a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio, indagando no funcionamento técnico dos aparatos dixitais e o desenvolvemento de habilidades e capacidades informáticas/dixitais e de tipo didáctico para abordar o deseño, desenvolvemento de proxectos, análise de experiencias socioeducativas, busca, tratamento e valoración da información, etc. Este sentido práctico vai combinado e alternando nas diversas prácticas o emprego de estratexias de gamificación, colaborativas, entre outras. |
Gamificación |
Actividades con aplicación de mecánicas propias dos xogos para a utilización no proceso de aprendizaxe e interacción nun entorno lúdico que propicia a motivación, implicación e diversión. |
Cartafol/dossier |
Recompilación do traballo do/a estudante coa finalidade de amosar os seus esforzos, progresos e a súa produción. O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento do profesorado, un eporfolio para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto nas prácticas de laboratorio, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso. O estudantado desenvolverá en formato dixital un informe/diario de prácticas, baixo as indicacións da-o docente que serán detalladas oportunamente. O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado regularmente. O desenvolvemento e a entrega será feita en formato dixital, e se fose necesario tamen impreso, e cerrarase a última semana do cuadrimestre. |