Lección maxistral |
Síntese dos temas por parte do profesorado.
Presentación de materiais básicos para o traballo de cada tema.
Establecemento das pautas para: a preparación xeral da materia, a análise das lecturas obrigatorias, a realización de traballos e a exposición de traballos.
Moderación de debates en grupos.
Organización e revisión das actividades individuais e grupais realizadas na aula.
Organización e revisión das exposicións dos estudantes diante da clase.
|
Traballo tutelado |
Os/as estudantes desenvolverán en grupos de dous ou tres alumnos/as un traballo en profundidade sobre un autor ou corrente pedagóxica ao longo do cuadrimestre baixo as directrices e supervisión do profesor. O traballo deberá ser exposto na aula de clase diante dos demais compañeiros e compañeiras. |