O alumnado asistente que se presente á convocatoria do primeiro período deberá someterse ás diferentes formas de avaliación establecidas, na data prevista. Para aprobar a materia ha de superar todas as avaliacións previstas, para o grupo grande e mediano. O alumnado non asistente ás clases presenciais terase que pór en contacto coa profesora antes do 1 de outubro para acordar o sistema de tutorización da materia e a súa avaliación. Esta toma de contacto, así como o seguimento do progreso da materia poderá ser presencial, telefónica ou por e-mail. A ponderación da avaliación dos alumnos non asistentes será igual á dos alumnos asistentes.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxeto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
Datas límite das diferentes avaliacións son as oficiais dos exames que poden consultarse na web da Facultade (http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo "exámenes".
En coherencia co caracter inclusivo que caracteriza a Fac. de Educ. e T. Social, esta quía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE.
Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contido, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaluación adaptaranse para o alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |