Traballo tutelado |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG
coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica/Estado da cuestión/ Lexislación (de ser o
caso).
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación
dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade de
citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos
obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados. |
70 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C61 C62 C63 C64 C65 C66 C67 C68 C69
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D20 D21 D22 D23
|
Presentación |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
-Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
-Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario,
así como dos recursos informáticos.
-Respostas ás cuestións formuladas pola comisión de
avaliación. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12
|
C61 C62 C63 C64 C66 C67 C68 C69
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D11 D12 D13 D14 D15 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23
|
O TFG será presentado e defendido polo seu autor ou autora diante dun tribunal unipersoal que estará constituido pola persoa titora. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía Didáctica do TFG.
O TFG debe cumprir necesariamente cos seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe, (2) respetar a extensión mínima e máxima permitida (5.000-10.000 palabras) e (3) incluir un apartado de resultados empíricos.
Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |