Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Bases pedagóxicas da educación especial Código O05G120V01935
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Fernández Guerra, Ernesto
Correo-e efguerra@uvigo.es
Profesorado
Fernández Guerra, Ernesto
Web
Descrición xeral A materia de Bases Pedagóxicas da Educación Especial é optativa de 4º curso no plan de estudos da titulación de Grao de Educación Primaria, polo que trata de complementar a formación sobre a conceptualización do eido educativo que trata e dos suxeitos con necesidades específicas de apoio educativo. No mesmo senso, as tomas de decisión, o manexo de recursos e instrumentos axeitados e a interiorización de pautas de intervención educativas máis idóneas para facilitar a aprendizaxe van ser os aspectos esenciais que se traballarán nesta materia.
Consideramos que o mestre de Educación Primaria debe adquirir unha serie de competencias para poder implementar unha axeitada resposta educativa segundo as necesidades específicas de apoio educativo presentadas polo alumnado tendo presente o marco dunha escola inclusiva.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000