Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da linguaxe oral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo práctico na aula arredor dos contidos da materia 20 B1
B6
B11
C43
C53
D1
D2
D7
D8
D9
D15
D16
Aprendizaxe colaborativa Análise e estudio de casos prácticos relacionados cos contidos da materia 40 B1
B5
B6
C9
C44
C53
D1
D2
D8
D9
D15
D16
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva con respostas alternativas 40 B1
B2
B6
C9
C45
C46
C49
C53
C54
C57
D2
D3
D6
D7
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames poden
consultarse na web da facultade dentro do espazo "datas de exames".

No
caso de optar pola avaliación continua, para
superar a materia é necesario ter aprobadas a parte teórica (avaliada coa proba
obxectiva) e todas as actividades da parte práctica (inclúe traballos de aula e estudos de caso realizados de forma colaborativa), así como asistir alomenos ao 80% das
sesións. 



Os traballos entregaranse na mesma semana
en que se termine o tema e de forma previa ao comezo do tema seguinte.



O alumnado que opte pola avaliación
global
 deberá realizar unha proba teórico-práctica na data oficial de
examen fixada. É necesario comunicar ao coordinador da materia a decisión de
acollerse a esta modalidad ao inicio do cuatrimestre para estipular un plan de
traballo.



As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas,
polo tanto, nese curso académico.



En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).



Coa finalidade de favorecer a conciliación
da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Na plataforma Moovi informarase das
tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para
alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000