Aqueles/as alumnos/as que non poidan asistir regularmente a clase e, por tanto, non poidan seguir o sistema de avaliación continua exposto anteriormente, serán avaliados/as conforme ao seguinte sistema: - Deberán elaborar individualmente unha unidade didáctica sobre un tema que lle indicará o profesor, que suporá o 25% da cualificación final. - Deberán entregar un resumo dos temas que figuran no programa, que suporá o 50% da cualificación final. - Na data prevista no calendario de exames deberán expor un dos temas que previamente resumiron, elixido por sorteo, que suporá o 25% da cualificación final. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade, no espazo DATAS EXAMES. En coherencia co carácter inclusive que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía podrá ser adaptada para atender como necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |