Esta materia ten como obxectivo principal a educación para un desenvolvemento sostible. Os contidos farán máis fincapé na transmisión de aspectos prácticos relacionados cos procedementos, técnicas e estratexias para elaborar e aplicar programas ou actividades de Educación Ambiental (EA), que en dar a coñecer conceptos e teorías relativas á EA.