Esta materia proporcionará ao futuro docente coñecementos científicos necesarios para favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas e literarias do alumnado de Educación Primaria. Terá dominio para empregar técnicas didácticas adecuadas, capacidade para seleccionar recursos e estratexias de intervención didáctica, criterios para analizar os diversos materiais e referentes para avaliar o progreso nas diferentes habilidades comunicativas en lingua galega.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Materia do programa Français amical. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao
profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s)
estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira