O cadro anterior recolle os criterios de
avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado que non falta a máis de 3
clases das Sesións B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás Sesións B), xustificadas ou sen xustificar. Isto significa que para
ter a consideración de Asistente pódese faltar a un máximo de 3 clases das
Sesións B. Desas 3, cada falta sen xustificar
penalizará -0.1 puntos
no apartado ’Obradoiro: Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións prácticas (Sesións B)’. Se se pode
xustificar a falta, a ausencia non penaliza. Os xustificantes nunca se entregarán
por correo electrónico: mostraranse ao profesorado da materia implicado en
calquera das sesións presenciais. A asistencia e participación ás Sesións A non
puntúa na cualificación final. Non obstante, resulta indispensable asistir a elas
para o bo aproveitamento da materia, especialmente de cara á asunción e
comprensión dos contidos e de cara a poder seguir o ritmo das Sesións B sen
dificultades. Asistir ás Sesións A tamén favorecerá a calidade da participación
e das achegas individuais que o alumnado
faga nas Sesións
B que, xunto coa actitude,
terase moi en conta para avaliar o antedito
apartado. AVALIACIÓN PARA ASISTENTES: (1) Proba teórico-práctica individual: 25% (2) Proba práctica
grupal: 10% (3) Traballos
grupais: 25% (4) Presentacións: 25% (5) Asistencia e participación nas Sesións
B: 15% Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo
da cualificación final da materia
serán as seguintes: AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES: (1) Proba teórico-práctica individual: 25% (2) Proba práctica grupal: 10% (3) Traballos grupais: 40% (4) Presentacións: 25% É necesario aprobar os apartados 1, 2 e 3 da avaliación
para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para Asistentes
como para Non Asistentes. Se algún destes tres apartados non se aproban nunha
convocatoria dada, a cualificación desta será o sumatorio das diferentes partes
da avaliación dividido entre dous. O alumnado que opte pola opción de Non Asistente deberá comunicalo ao profesorado a
través de correo electrónico no primeiro mes de clase. Coa lista de alumnado
Non Asistente, o profesorado conformará equipos de traballo e publicaraos na
aula virtual da materia xunto coas instrucións para a elaboración de tarefas,
co fin de que cada equipo se poida organizar para realizalas. Publicada a conformación dos equipos, o alumnado implicado
debe establecer o primeiro contacto
entre si a través de Moovi. Unha vez
se entra na aula virtual da materia, pícase arriba á dereita, na icona do
globo, e ponse o nome da persoa á que se quere escribir encima de ’Buscar’. A continuación pícase
no nome e abaixo escríbese a mensaxe. Finalmente dáselle a 'Enviar', e a partir de aí cada equipo pode establecer as canles de
comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que todo o alumnado
estea activo en Moovi. O alumnado que ao longo do semestre perda o
dereito de avaliación continua por superar o máximo de 3 faltas ás Sesións B
debe pórse en contacto coa coordinadora da materia tan pronto como se vexa
nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado determinará a procedencia de
seren avaliado de acordo á avaliación establecida para Non Asistentes. De ser o
caso, este alumnado será integrado nun equipo de traballo de Non Asistentes, sempre
que sexa posible. De non ser posible, e dado que a maioría das tarefas de
avaliación para Non Asistentes deben realizarse en equipo e deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais
de avaliación obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira
oportunidade, faranse en segunda o oportunidade. Se se dan as circunstancias, a
participación de alumnado Asistente en actividades artísticas fóra das aulas
regulares da materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá a obtención
de puntuación extra a sumar individualmente na cualificación final
sempre que os apartados de avaliación 1, 2 e 3 estean aprobados. AVALIACIÓN PARA ALUMNADO
MATRICULADO EN FIN DE CARREIRA: O alumnado
que se matricule en Fin de Carreira debe pórse en contacto co profesorado á
maior brevidade posible para solicitar as indicacións das condicións de
avaliación para superar a materia.
OBSERVACIÓNS: a. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto,
como aprobadas nese curso académico. O traballo en equipo ou individual é
obrigatorio cando así se requira. b. As datas oficiais dos exames poden consultarse
na páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A convocatoria e as instrucións para
as probas prácticas da materia anunciaranse na aula virtual da materia na
sección ‘Avaliación e cualificacións’. c. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser
adaptada para atender as necesidades específicas de apoio
educativo que presente
o alumnado adscrito
ao programa PIUNE (PAT). d. Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará
das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia
para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |