Alumnado presencial: Para o alumnado que siga a avaliación continua, os traballos serán obrigatorios e contará a asistencia a clase, que tamén será obrigatoria (esíxese a asistencia regular a, polo menos, o 80% das sesións). Os traballos entregaranse na aula e subiranse á plataforma (Moovi) segundo o calendario que se estableza. Para superar a materia será preciso que os e as estudantes obteñan en cada proba ou actividades obxecto de avaliación como mínimo un 50% da cualificación establecida para cada apartado. Aquel alumnado que non supere algunha das probas ou actividades que son obxecto de avaliación poderá recuperalas na convocatoria de xullo. Alumnado non presencial (avaliación global): No caso de que algunha alumna ou alumno non poida seguira avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polos docentes,terá unha avaliación global, na primeira convocatoria e seguintes, que incluirá contidos teóricos (60% da nota final) e prácticos (40% da nota). Para superar a materia será preciso que o ou a estudante obteña en cada unha das partes (teórica e práctica) o 50% da cualificación establecida para cada parte. Todas as datas oficiais dos exames pódense consultar na WEB da Facultade de Educación e Traballo Social, no espazo 'exames' As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |